REMATAMOS A SEMANA CUN XOGO NO QUE AS NOSAS MANS SON AS PROTAGONISTAS: O PICA PEDRA. ATENTOS, QUE AQUÍ VAI:
UN XOGO CURIOSO, VERDADE? SE É QUE AS NOSAS MANS SON UNHA PARTE DO NOSO CORPO MOI IMPORTANTE. GRACIAS A ELAS (E AOS NOSOS DEDOS, CLARO!) PODEMOS FACER UN MONTÓN DE COUSAS. PODEMOS, POR EXEMPLO:
DEBUXAR
FACER PUZZLES
ESCRIBIR
FACER CÓXEGAS
RECORTAR
XOGAR CON PLASTILINA
COMER
TOCAR INSTRUMENTOS MUSICAIS
PEITEARNOS
A VER, A VER, TODOS A PENSAR: QUE MÁIS COUSAS PODEMOS FACER COAS NOSAS MANS?
SEGURO QUE SE VOS OCORREN MÁIS COUSIÑAS QUE FACEMOS NO DÍA A DÍA COA AXUDA DAS NOSAS MANS, A QUE SI? NÓS VOLVEMOS O LUNS CON NOVOS XOGOS E ACTIVIDADES. E LEMBRADE: XA QUEDA UN DÍA MENOS PARA PODER SAÍR E XOGAR COS NOSOS AMIGOS :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.