HOXE FACEMOS TRABALLAR AS NEURONAS. SEREDES CAPACES DE RESOLVER ESTAS ADIVIÑAS SOBRE AS FROITAS?
PISTA: DEBAIXO DAS ADIVIÑAS ATOPAREDES UNHA IMAXE COAS SOLUCIÓNS. ASÍ SÓ TEREDES QUE RELACIONAR CADA FOTO COA ADIVIÑA CORRESPONDETE. E, POR SUPOSTO, LEMBRADE TOMAR FROITA TÓDOLOS DÍAS PARA MEDRAR FORTES E SANS :)
Verde por dentro,
con pebidas negras.
Cortado e con azucre
son unha rica merenda.
Levo un abrigo
longo e amarelo.
Se queres comerme
terás que quitarmo primeiro.
Eu son eu esa froita
que a todos encanta,
menos á pobre Brancaneves
se lla regala a súa madrasta.
Eu son unha froita elegante
cun vestido vermello rechamante.
E como me gusta presumir
cun sombreiro verde acostumo saír.
Redonda coma un balón
o meu nome mola un montón.
Para comerme terás que pelarme
ou nun zume saborearme.
Redondiñas e vermellas
como o nariz dun pallaso.
Dentro temos unha pebida
que terás que quitarnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.