xoves, 16 de abril de 2020

DEPORTES, DEPORTES

ALGUNHA VEZ VOS PARASTES A PENSAR NA CANTIDADE DE DEPORTES DIFERENTES QUE EXISTEN? PENSEMOS: HAI DEPORTES QUE SE PRACTICAN CON PELOTA (BALONCESTO, FÚTBOL, VOLEIBOL...), OUTROS CON RAQUETA (TENIS, BADMINTON... ). TAMÉN HAI DEPORTES QUE SE PRACTICAN SOBRE RODAS (ANDAR EN BICI, PATINAXE), E OUTROS QUE SE PRACTICAN NA AUGA (COMO A NATACIÓN OU O PIRAGÜISMO, POR EXEMPLO).

EN RELACIÓN COS DEPORTES, TEMOS ALGUNHAS PREGUNTIÑAS PARA VÓS:
  • CAL É O VOSO DEPORTE FAVORITO? POR QUE?
  • QUE MATERIAIS SON NECESARIOS PARA PRACTICAR ESE DEPORTE?
  • E OS DEPORTES FAVORITOS DOS FAMILIARES QUE ESTÁN A PASAR CON VÓS ESTES DÍAS NA CASA?



OLLADE BEN A SEGUINTE IMAXE:


SABEDES QUE DEPORTE REPRESENTA CADA UN DOS DEBUXOS?



TAMÉN QUEREMOS APROVEITAR ESTE MOMENTO PARA RECORDAR ALGO MOI IMPORTANTE: NON HAI DEPORTES PARA NENOS E DEPORTES PARA NENAS. TODOS ELES VALEN PARA TODOS NÓS. DE FEITO, QUEREMOS PRESENTARVOS A DOUS GRANDES DEPORTISTAS:


ATENTOS! ESTA É VERO BOQUETE, UNHA FUTBOLISTA GALEGA MOI FAMOSA QUE XA MARCOU MOITOS GOLES XOGANDO EN DIFERENTES EQUIPOS DE FÚTBOL E COS QUE TAMÉN GAÑOU VARIAS MEDALLAS.  


E ESTE É JAVIER FERNÁNDEZ, UN PATINADOR QUE XA GAÑOU UN MONTÓN DE MEDALLAS EN DIFERENTES CAMPIONATOS MUNDIAIS. ÉL PATINA SOBRE XEO FACENDO PIRUETAS CUNS PATÍNS MOI ESPECIAIS, E DIN QUE É O MELLOR DO MUNDO NO SEU DEPORTE!


E... COMO SABEMOS QUE VÓS TAMÉN SODES UNS GRANDES DEPORTISTAS, ATREVÉDESVOS A IMITAR DEPORTES CON MÍMICA? É MOI SINXELO! MOVENDO O VOSO CORPO PODEDES IMITAR DIFERENTES DEPORTES, E OS VOSOS FAMILIARES TERÁN QUE ADIVIÑAR QUE DEPORTES ESTADES “PRACTICANDO”. TAMÉN PODEDES CAMBIAR OS PAPEIS, E QUE SEXAN OS MAIORES (PAPÁ, MAMÁ, VOSOS IRMÁNS...) OS QUE IMITEN DEPORTES PARA QUE VÓS TRATEDES DE ADIVIÑALOS :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.