BOS DÍAS! HOXE ESPERTAMOS CHEOS DE ENERXÍA E DECIDIMOS TRAERVOS UN XOGO AO QUE SEGURO QUE OS MAIORES DA CASA XA SABEN XOGAR: O ESCONDITE INGLÉS!
TRÁTASE DUN XOGO PERFECTO PARA ESTES DÍAS NA CASA PORQUE NON PRECISA NINGÚN MATERIAL, SÓ MOITAS GANAS DE PASALO BEN. ESTADES LISTOS?
SEGURAMENTE NA CASA XA COÑECEN O XOGO, PERO IMOS RECORDAR AS SÚAS REGRAS POR SE ACASO. EN PRIMEIRO LUGAR, DICIR QUE NECESITAMOS UN MÍNIMO DE DÚAS PERSOAS PARA PODER XOGAR. UN DESES XOGADORES SERÁ O GARDA, QUE É O QUE QUEDA CARA A PAREDE COS OLLOS PECHADOS, RECITANDO RÁPIDO A CANCIÓN DO XOGO:
ESCONDITE INGLÉS
SEN MOVER AS MANS
NIN OS PÉS.
UN, DOUS, TRES!
OS DEMAIS XOGADORES COMEZAN O XOGO COLOCADOS NA PAREDE OPOSTA. MENTRES SE RECITA A CANCIÓN, ESTES XOGADORES CAMIÑAN CARA ADIANTE PARA TRATAR DE CHEGAR XUNTO AO GARDA. PERO OLLO! CANDO REMATA A CANCIÓN, DEBEN PARAR E QUEDAR QUIETOS COMA ESTATUAS, SEN MOVER NINGUNHA PARTE DO SEU CORPO. PORQUE... CANDO O GARDA ACABA A CANCIÓN, XÍRASE PARA VIXIAR AOS DEMAIS XOGADORES E SE VE QUE ALGUÉN SE MOVE, ESE XOGADOR TERÁ QUE VOLVER Á PAREDE PARA COMEZAR OUTRA VEZ DENDE ATRÁS.
O XOGO REPÍTESE ATA QUE ALGÚN DOS XOGADORES CHEGA ATA O GARDA E TOCA NA SÚA ESPALDA. NESE MOMENTO O GARDA XÍRASE RAPIDAMENTE PARA TRATAR DE PILLAR A ALGÚN DOS XOGADORES ANTES DE QUE VOLVAN CORRENDO Á PAREDE INICIAL. NA SEGUINTE PARTIDA, O GARDA É AQUEL XOGADOR AO QUE SE PILLA, E... NO CASO DE QUE NINGUÉN SEXA PILLADO, O GARDA VOLVERÁ REPETIR O SEU PAPEL DE GARDA.
POIS XA O TEMOS TODO LISTO PARA COMEZAR A XOGAR! :)
CON ESTA CANCIÓN TAMÉN PODEMOS BAILAR UN POUCO A RITMO DE ESCONDITE INGLÉS. MOITO ÁNIMO, E QUE PASEDES BO DÍA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.