MOI BOS DÍAS!
HOXE VOLVEMOS CON GANAS DE EXPLORAR O NOSO CORPO PARA NON ESQUECER A IMPORTANCIA DE COIDALO MOITO DURANTE ESTAS SEMANAS NA CASA.
ISTO VAI DE ÓSOS
COMO XA VIMOS NALGUNHA OCASIÓN, OS NOSOS ÓSOS ESTÁN UNIDOS E FORMAN O NOSO ESQUELETO, PERO ESTÁN TAN BEN ESCONDIDIÑOS BAIXO A NOSA PEL E OS NOSOS MÚSCULOS QUE NON PODEMOS VELOS.
POIS BEN, AÍNDA QUE NÓS NON PODEMOS OBSERVALOS, XA VIMOS QUE PODEMOS SABER COMO SON OS NOSOS ÓSOS GRACIAS ÁS RADIOGRAFÍAS, UNHAS FOTOS MOI “ESPECIAIS” QUE MOSTRAN OS ÓSOS DAS PERSOAS EN BRANCO E NEGRO. AÍNDA QUE DEBEDES SABER QUE NIN AS CÁMARAS DE FOTOS QUE TEMOS NAS NOSAS CASAS NIN OS NOSOS MÓBILES PODEN FACER ESTE TIPO DE FOTOS, XA QUE PARA ISO PRECÍSANSE UNHAS MÁQUINAS QUE SÓ UNS MÉDICOS ESPECIALISTAS SABEN MANEXAR. E... TAMPOUCO PODEMOS FACER UNHA RADIOGRAFÍA CANDO NÓS QUEREMOS, SE NON QUE SÓ SE PODEN FACER CANDO O NOSO MÉDICO CONSIDERA QUE É NECESARIO.
CON TODO, HOXE QUEREMOS COÑECER UN POUQUIÑO MÁIS SOBRE O NOSO CORPO, POR ISO VOS PROPOÑEMOS AS SEGUINTES ACTIVIDADES :)
COMEZAMOS CUNHAS ADIVIÑAS VISUAIS. SODES CAPACES DE IDENTIFICAR QUE PARTE DO NOSO CORPO APARECE EN CADA UNHA DESTAS RADIOGRAFÍAS?
INTENTADE SINALAR ESAS ZONAS NO VOSO PROPIO CORPO.
E A OUTRA ACTIVIDADE QUE VOS PROPOÑEMOS PARA HOXE É CREAR A VOSA PROPIA RADIOGRAFÍA. NÓS ESCOLLEMOS FACER UNHA DAS NOSAS MANS, E ASÍ NOS QUEDOU:
(MATERIAIS EMPREGADOS: CARTOLINA NEGRA, CERA OU TÉMPERA BRANCA, BASTONCITOS DOS OÍDOS E COLA BRANCA PARA PEGAR).
ANIMÁMOSVOS A CREAR A VOSA PROPIA RADIOGRAFÍA NA CASA. E SOBRE TODO, NON ESQUEZADES QUE O MÁIS IMPORTANTE DE TODO ISTO É... LEMBRAR QUE PARA QUE OS NOSOS ÓSOS MEDREN FORTES E SANS DEBEMOS COIDAR A NOSA ALIMENTACIÓN E FACER EXERCICIO!