luns, 1 de xuño de 2020

CONTAMOS MOVENDO MANS E PÉS

VOLVEMOS UNHA SEMANA MÁIS CON ACTIVIDADES PARA MOVERSE E PASAR UN BO RATO EN FAMILIA. NESTA OCASIÓN, O QUE VOS PROPOÑEMOS É UNHA SINXELA CANCIÓN COA QUE APROVEITAREMOS PARA REPASAR OS NÚMEROS DO 1 AO 10 EMPREGANDO AS MANS E OS PÉS NO CONTEO.



ANTES DE COMEZAR, PRECISAREDES DESCALZARVOS PARA TER TAMÉN OS DEDOS DOS PÉS Á VISTA, E ASÍ PODER CONTALOS CANDO NO LO PIDE A CANCIÓN. SÓ ASÍ ESTAREDES PREPARADOS PARA COMEZAR :)



QUE TAL? SODES CAPACES DE ESTIRAR CADA DEDO DA MAN CANDO TOCA? E DE SINALAR OS DOS PÉS NO MOMENTO CORRESPONDENTE?

SEGURO QUE PRACTICANDO TODO SE FAI MÁIS FÁCIL ;)

venres, 22 de maio de 2020

HOXE MOVÉMONOS... AO RITMO DAS MARACAS!

MOI BO DÍA DE NOVO!

HOXE, PARA CELEBRAR A CHEGADA DO BO TEMPO, ANIMÁMOSVOS A BAILAR ESTA DIVERTIDA CANCIÓN. COMO BEN PODEDES VER NO VÍDEO, O ESCARAVELLO PROTAGONISTA É TODO UN PROFESIONAL TOCANDO AS MARACAS, POR ISO VOS PROPOÑEMOS CREAR UNHAS NA CASA, DE XEITO QUE CON ELAS PODEREDES IMITAR AO NOSO AMIGO ESCARAVELLO.




PARA CONSTRUÍR AS VOSAS PROPIAS MARACAS TODO VALE! DÚAS BOTELLAS DE PLÁSTICO PEQUENAS (DE AUGA OU DE IOGUR BEBIBLE), DOUS ENVASES DE IOGUR, OU MESMO DOUS ENVASES DE MANTEIGA! DENTRO INTRODUCIMOS ARROZ, LENTELLAS OU GARAVANZOS E... XA SÓ QUEDA PECHALAS E DECORALAS PARA FACELAS MÁIS ORIXINAIS ;)

AGORA XA PODEMOS ACOMPAÑAR AO ESCARAVELLO BAILANDO E MOVENDO AS MARACAS SEGUINDO AS NOCIÓNS ESPACIAIS QUE INDICA A CANCIÓN: ARRIBA, ABAIXO, A UN LADO E A OUTRO!



ISTO É TODO POR HOXE. BO FINDE PARA TODOS :)

mércores, 20 de maio de 2020

SOMOS MIMOS

AQUÍ ESTAMOS OUTRA VEZ :)

HOXE QUEREMOS EXPLORAR AS POSIBILIDADES EXPRESIVAS DO NOSO CORPO, E PARA ISO PROPOÑÉMOSVOS CONVERTIRVOS EN MIMOS POR UN DÍA. PERO ANTES DE NADA...

SABEDES QUE É UN MIMO?
UN MIMO É UN ARTISTA QUE SE EXPRESA EMPREGANDO UNICAMENTE XESTOS E MOVEMENTOS DO SEU CORPO. É DICIR, EN LUGAR DE FALAR, COMUNÍCASE MOVENDO AS MANS, OS OLLOS, A BOCA... TODO O CORPO!

NORMALMENTE OS MIMOS LEVAN A CARA PINTADA DE BRANCO, E VISTEN CAMISETA A RAIAS, GUANTES BRANCOS E PANTALÓN ESCURO. ASÍ PODEMOS RECOÑECELOS FACILMENTE :)

AQUÍ TEDES UN PEQUENO VÍDEO QUE VOS SERVIRÁ PARA COÑECER UN POUQUIÑO COMO ACTÚAN OS MIMOS: 



POIS BEN, HOXE ANIMÁMOSVOS A CONVERTIRVOS EN MIMOS E XOGAR COA EXPRESIVIDADE DO VOSO CORPO. ASÍ, POR EXEMPLO, PODEDES REPRESENTAR DIFERENTES ESCENAS COMO:

- ESPERTAR POLA MAÑÁ.

- LAVAR OS DENTES.

- COLLER FLORES NO CAMPO.

- ENFADARSE CON ALGUÉN.

- SAÍR A PASEAR CO CAN.

- CONDUCIR UN COCHE.

- LER UN LIBRO.

- ... E TODO AQUILO QUE VOS APETEZA IMITAR COS VOSOS MOVEMENTOS. ISO SI, NON VALE FALAR :)


PORQUE, AÍNDA QUE ÁS VECES NON NOS DAMOS CONTA...

UN XESTO VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS


martes, 19 de maio de 2020

XOGOS CON XORNAIS

MOI BO DÍA!
HOXE VOLVEMOS CUNHA LISTA DE XOGOS VARIADOS. NESTE CASO, O MATERIAL NECESARIO PARA TODOS ELES SON FOLLAS DE XORNAIS, POLO QUE VOS ANIMAMOS A BUSCAR POLA CASA ALGÚN XORNAL VELLO QUE XA NON UTILICEDES. CON EL PODEREDES PASAR UNHA TARDE CHEA DE XOGOS :)







luns, 18 de maio de 2020

ARRANCAMOS A SEMANA CO BAILE DOS ANIMAIS

QUE BONITO DÍA TEMOS HOXE, VERDADE?

POIS IMOS APROVEITALO PARA LEMBRAR UNHA DAS CANCIÓNS QUE ACOSTUMABAMOS BAILAR NO XIMNASIO PARA QUECER OS NOSOS MÚSCULOS AO INICIO DAS NOSAS SESIÓNS. SEGURO QUE VOS FAI ILUSIÓN VOLVER ESCOITALA E MOVERVOS AO RITMO DOS SEUS PROTAGONISTAS ;)


E LEMBRADE!
- CO COCODRILO DANTE ABRIMOS E PECHAMOS OS NOSOS BRAZOS IMITANDO A BOCA DESTE ANIMAL.
- CO ELEFANTE BLAS MOVEMOS UN BRAZO DE ARRIBA A ABAIXO, IMITANDO A SÚA TROMPA.
- CO POLIÑO LALO DESPRAZÁMONOS CARA UN LADO MOVENDO OS NOSOS BRAZOS COMO SE FOSEN AS NOSAS ÁS.

venres, 15 de maio de 2020

UN POUQUIÑO DE IOGA SEMPRE VÉN BEN

COMO XA FIXEMOS NOUTRA OCASIÓN, ESTA SEMANA IMOS DEDICAR A NOSA PUBLICACIÓN DO VENRES AO IOGA :)

ESTA VEZ, O QUE VOS PROPOÑEMOS SON UNHA SERIE DE POSTURAS SINXELAS QUE PODEDES PRACTICAR XUNTOS NA CASA. O IDEAL É REALIZALAS NUN MOMENTO DE SILENCIO, DESCALZOS SOBRE UNHA ALFOMBRA (OU ESTERILLA) E AGUANTAR CADA POSICIÓN UNS 8 SEGUNDOS.

QUE TAL SE CONTADES EN VOZ BAIXA XUNTOS ATA O 8 AGUANTANDO CADA POSICIÓN? ASÍ TAMÉN ESTAREMOS REPASANDO A SERIE NUMÉRICA!












E REMATAMOS CUNHA PREGUNTIÑA: CAL É A VOSA POSTURA FAVORITA? 

xoves, 14 de maio de 2020

COÑECEMOS OS XOGOS OLÍMPICOS

HOXE IMOS INVESTIGAR UN POUQUIÑO SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS.

OS XOGOS OLÍMPICOS É UN EVENTO DEPORTIVO QUE SE CELEBRA CADA CATRO ANOS NUN PAÍS DIFERENTE, E NEL PARTICIPAN MOZOS E MOZAS DEPORTISTAS CHEGADOS DE TODAS AS PARTES DO MUNDO.
PARA PARTICIPAR NOS XOGOS OLÍMPICOS HAI QUE SER MOI BOS DEPORTISTAS, POR ISO TODOS OS PARTICIPANTES ENTRÉNANSE TODOS OS DÍAS NOS SEUS DEPORTES FAVORITOS. NESTE VÍDEO PODEMOS VER ALGÚNS DOS DEPORTES AOS QUE XOGAN:



- Que deportes vedes no vídeo?
- Que materiais empregan os deportistas?



OS XOGOS OLÍMPICOS CELEBRÁRONSE POR PRIMEIRA VEZ NA CIDADE DE OLIMPIA (EN GRECIA) MOITOS ANOS ATRÁS, CANDO AÍNDA NON EXISTÍAN A TELEVISIÓN NIN OS COCHES. ESTE ANO 2020 OS XOGOS OLÍMPICOS ÍAN CELEBRARSE EN XAPÓN, UN PAÍS SITUADO NUNHA ILLA MOI LONXE DE AQUÍ. PERO, DO MESMO XEITO QUE NÓS NON PODEMOS IR AO COLE PARA PROTEXERNOS DO CORONAVIRUS, OS DEPORTISTAS TAMPOUCO PODERÁN IR COMPETIR A XAPÓN E TERÁN QUE ESPERAR ATA O PRÓXIMO ANO PARA PODER IR SEN MEDO AO CORONAVIRUS.

MIRADE, IMOS BUSCAR NO MAPA ESTES PAÍSES PARA SITUARNOS MELLOR:




- Que país está máis lonxe de Bueu: Grecia ou Xapón?
- Como poderiamos chegar a Grecia dende Bueu?
- E como poderiamos chegar a Xapón? Tede en conta que é unha illa e non poderíamos ir ata alí todo por carretera.


OUTRA CURIOSIDADE SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS É O SEU SÍMBOLO: OS ANEIS OLÍMPICOS. TODAS AS MEDALLAS QUE SE ENTREGAN AOS DEPORTISTAS NESTES XOGOS TEÑEN ESTE SÍMBOLO.



- Cantos aros hai?
- Que forma teñen?
- De que cores son?
- Son todos do mesmo tamaño?



ANIMÁDESVOS A FACER A VOSA PROPIA MEDALLA OLÍMPICA? PODEDES CREALA CON MATERIAIS QUE TEÑADES POLA CASA, SEN ESQUECER POÑERLLE OS AROS OLÍMPICOS QUE ACABAMOS DE COÑECER. E É QUE... BEN VOS MERECEDES UNHA GRAN MEDALLA POLO VALENTES QUE SODES QUEDANDO ESTES DÍAS NA CASA :)





mércores, 13 de maio de 2020

CAMIÑA, SALTA, CORRE E CANTA!

BO DÍA!
HOXE ESPERTAMOS CHEOS DE ENERXÍA E CON MOITAS GANAS DE FACER EXERCICIO NA CASA. POR ISO QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS A CANCIÓN DOS DESPRAZAMENTOS, COA QUE PODEREDES SALTAR, CORRER E MESMO “NADAR” EN FAMILIA. ESPERAMOS QUE PASEDES UN BO RATO CON ELA, E MESMO VOS ANIMAMOS A QUE A CANTEDES EN RODA COS DEMAIS, COLLÉNDOVOS DAS MANS AO MESMO TEMPO QUE SEGUIDES AS ACCIÓNS QUE TOCA REALIZAR EN CADA PARTE DA CANCIÓN.



DIVERTIDA, NON SI?
NÓS VOLVEMOS MAÑÁ CON MÁIS COUSIÑAS :)

martes, 12 de maio de 2020

O XOGO DOS VASOS

BOAS!
HOXE TRAEMOS UN XOGO PERFECTO PARA XOGAR EN PARELLA (CON MAMÁ / PAPÁ / UN IRMÁN MAIOR...) E CON EL TRABALLAREMOS A ATENCIÓN E A ORIENTACIÓN ESPACIAL. ADEMAIS, O MELLOR DE TODO É QUE SEGURAMENTE TODOS TEDES NA CASA OS MATERIAIS QUE NECESITAMOS PARA XOGAR.



luns, 11 de maio de 2020

XIMNASIA NA GRANXA

BO DÍA A TOD@S!
COMO CADA LUNS, COMEZAMOS A SEMANA CON MOITAS GANAS DE TRAERVOS NOVOS XOGOS COS QUE FACER UN POUQUIÑO DE EXERCICIO NA CASA. E VOS? TAMÉN TEDES GANAS DE XOGAR?

HOXE É UN DÍA ESPECIAL: IMOS DE COÑECER UNHA GRANXA MOI, MOI ORIXINAL. NELA VIVEN UNS ANIMAIS MOI DIVERTIDOS AOS QUE LLES GUSTA MOITO O DEPORTE, E SON TAN PROFESIONAIS, QUE QUEREN ANIMARVOS A FACER UNHA SERIE DE EXERCICIOS CON ELES. APUNTÁDESVOS A FACELOS TODOS EN FAMILIA?


COMEZAMOS!


Di o PORQUIÑO Dante
que corras cara adiante.







Di o PATO Marcos
que aplaudas cos zapatos.








Di a señora OVELLA
que rasques unha orella.








Di o GATO Nicolás
que camiñes marcha atrás.









Di o COELLO Adrián
que te arrastres polo chan.









Di o GALO Renato
que grites moi alto.









Di o CABALO Fernando
que te movas bailando.









Di a VACA Salomé
que saltes só cun pé.









Di a GALIÑA Xulieta
que rodes como unha croqueta.










Di o BURRO elegante
que te estires como un xigante.


venres, 8 de maio de 2020

XOGAMOS COA OCA BAILONA?

HOXE PREPARAMOS UN XOGO MOI ESPECIAL COAS CANCIÓNS QUE PUBLICAMOS DURANTE ESTAS SEMANAS NO BLOG: O XOGO DA OCA BAILONA!

PARA XOGAR PRECISAREDES UN DADO E UNHA FICHA, ADEMAIS DESTE TABOLEIRO QUE PODEDES IMPRIMIR OU SIMPLEMENTE AMPLIAR NA PANTALLA DO VOSO ORDENADOR OU TABLET:

















SEGURAMENTE OS MAIORES DA CASA IMAXINAN COMO SE XOGA: É COMO O XOGO DA OCA, PERO MÁIS SINXELO E CON MENOS CASILLAS. CADA UNHA DESAS CASILLAS ESTÁ NUMERADA E TEN UNHA CANCIÓN ASOCIADA, POLO QUE SÓ TEMOS QUE BUSCAR NA LISTA O NÚMERO DA CASILLA NA QUE CAEU A NOSA FICHA E COMPROBAR QUE CANCIÓN NOS TOCA BAILAR:

# 2 - EL JUEGO CHIRIMBOLO, de Spanish Kids Songs



# 3 - CABEZA HOMBROS RODILLAS PIES, de Super Simple Español



# 5 - PAJARITOS EN MI VENTANA, de Agua de sol



# 6 - EL TWIST DEL CUERPO, de La pandilla de Drilo



# 8 - A RAM SAM SAM, de Video Kids TV



# 9 - LA FORMA DE CAMINAR, de El Reino Infantil



# 11 - DRILO EL COCODRILO, de La pandilla de Drilo



# 12 - LAS PARTES DEL CUERPO, de Rockalingua



# 14 - FUN AO MERCADO, de María Fumaça



# 16 - PICA PIEDRA, de Pim Pau



# 18 - UN PEQUEÑO DEDO, de Super Simple Español



# 20 - EL MARINERO BAILA, de El Reino Infantil




ASÍ, POR EXEMPLO, SE UN XOGADOR CAE NA CASILLA 6, TOCARALLE BAILAR A CANCIÓN #6 DA LISTA: EL TWIST DEL CUERPO :)

AH! LEMBRADE, CANDO CAEMOS NUNHA OCA...

ESPERAMOS QUE PASEDES UN BO RATO XOGANDO COA OCA BAILONA. UN SAÚDO!

martes, 5 de maio de 2020

APRENDEMOS O A RAM SAM SAM

BO DÍA A TOD@S!
HOXE PRESENTÁMOSVOS O A RAM SAM SAM, UNHA CANCIÓN COÑECIDA E BAILADA EN TODO O MUNDO!

CONTAN QUE ESTE XOGO MUSICAL É ORIXINARIO DE MARROCOS, AÍNDA QUE AO PARECER A CANCIÓN NON TEN UNHA TRADUCIÓN EXACTA AO NOSO IDIOMA. ISO SI, CON ESTE VÍDEO SEGURO QUE VOS ANIMADES A APRENDELA E A ACOMPAÑALA CO SEU DIVERTIDO BAILE:


POR CERTO! IMOS APROVEITAR O MOMENTO PARA SITUAR MARROCOS NO MAPA, ASÍ SABEREMOS DE ONDE PROCEDE ESTA CANCIÓN. FIXÁDEVOS BEN:


COMO PODEDES COMPROBAR NA FOTO, MARROCOS ESTÁ EN ÁFRICA. ALÍ CHOVE MOI POUCAS VECES, E O IDIOMA MÁIS FALADO NESE PAÍS É O ÁRABE. MIRADE COMO ESCRIBEN AMIGO EN ÁRABE:


VEDES? AS SÚAS LETRAS SON DIFERENTES ÁS QUE UTILIZAMOS NÓS PARA ESCRIBIR. E É QUE NO MUNDO EXISTEN MOITAS LINGUAS E FORMAS DE ESCRIBIR DIFERENTES :)

luns, 4 de maio de 2020

XOGOS CON LANTERNA

MOI BO DÍA A TODOS!
HOXE COMEZAMOS UNHA SEMANA MÁIS NA CASA, E PARA FACELA UN POUQUIÑO MÁIS DIVERTIDA, TEMOS PREPARADA UNHA PEQUENA LISTA DE XOGOS MOI SINXELOS E ENTRETIDOS. O ÚNICO QUE PRECISAMOS PARA XOGAR É... UNHA LANTERNA! (VALE PERFECTAMENTE A LANTERNA DO MÓBIL), ADEMAIS DE APAGAR A LUZ E BAIXAR AS PERSIANAS PARA XOGAR CASE, CASE NA ESCURIDADE.
AQUÍ TEDES AS NOSAS PROPOSTAS, FAMILIAS :)


AH! TAMÉN PODEMOS ENGADIR A ESTA LISTA DE XOGOS AS SOMBRAS CHINESAS ÁS QUE XA FIXEMOS REFERENCIA AQUÍ. NESTE CASO, EN LUGAR DE TÍTERES, PODEREDES EMPREGAR AS VOSAS PROPIAS MANS E CREAR DIVERTIDAS FIGURAS CON ELAS :)

xoves, 30 de abril de 2020

FACEMOS IOGA

DESPEDIMOS ESTA SEMANA CUNHA PEQUENA SESIÓN DE IOGA COA QUE COÑECEREMOS ALGUNHAS DAS POSTURAS MÁIS BÁSICAS DESTA DISCIPLINA E  AXEITADAS PARA OS MÁIS PEQUENOS DA CASA.

POR QUE FACEMOS IOGA?
O IOGA PRESENTA MÚLTIPLES BENEFICIOS TANTO PARA MAIORES COMO PARA NENOS/AS, ENTRE OS QUE QUEREMOS DESTACAR OS SEGUINTES:
  • AXÚDANOS A COÑECER MELLOR O NOSO CORPO E CADA UNHA DAS SÚAS PARTES.
  • PERMÍTENOS DESCUBRIR NOVAS POSTURAS E ADQUIRIR FLEXIBILIDADE.
  • AUMENTA O NOSO EQUILIBRIO.
  • FOMENTA A RELAXACIÓN E O CONTROL DA RESPIRACIÓN.
  • E MESMO PROMOVE O RESPECTO CARA O MEDIO AMBIENTE.
POIS BEN, AQUÍ VOS DEIXAMOS A NOSA PROPOSTA PARA INICIARNOS NO MUNDO DO IOGA ESTA FIN DE SEMANA:


ÁNIMO! NÓS VOLVEMOS O PRÓXIMO LUNS!

mércores, 29 de abril de 2020

CIRCUITO DE SALTOS

MOI BOAS!
A NOSA PROPOSTA DE HOXE É UN CIRCUÍTO PERFECTO PARA ORGANIZAR NO SALÓN DA CASA (OU NOUTRO ESPAZO LIBRE DE OBSTÁCULOS).

O MATERIAL QUE PRECISAMOS PARA ESTE XOGO SON UN CONXUNTO DE PLANTILLAS MOI SINXELAS E QUE TODOS NÓS PODEMOS CREAR CON CARTOLINAS, CARTÓN OU GOMA EVA.

SE VOS FIXADES, SÓ NECESITAMOS 3 MODELOS DE PLANTILLAS DIFERENTES: PÉ DEREITO, PÉ ESQUERDO E CÍRCULO. PARA PERSONALIZALO, PODEDES EMPREGAR OS VOSOS PÉS COMO MODELO PARA CONFECCIONAR ESTAS PLANTILLAS :)

COMO MÍNIMO, IMOS PRECISAR 7 PÉS DEREITOS, 7 ESQUERDOS E 2 CÍRCULOS (AÍNDA QUE PODEDES FACER MÁIS EN FUNCIÓN DO VOSO PROPIO CIRCUÍTO).

UNHA VEZ QUE XA TEMOS AS PLANTILLAS PREPARADAS, SÓ TEMOS QUE COLOCALAS NO CHAN FORMANDO CON ELAS UN PERCORRIDO SIMILAR AO DA NOSA FOTO.

E... COMO SE XOGA?
XOGAR É MOI SINXELO! TRÁTASE DUN CIRCUÍTO DE SALTOS, POLO QUE SALTAR É A ÚNICA FORMA VÁLIDA PARA AVANZAR NO CIRCUÍTO. E OLLO! SÓ PODEMOS COLOCAR O NOSOS PÉ DEREITO SOBRE PLANTILLAS DO PÉ DEREITO, E O PÉ ESQUERDO SOBRE PLANTILLAS DESE PÉ. E NOS CÍRCULOS NON SE PODE PISAR!

A TER EN CONTA
O CIRCUÍTO É MOI FLEXIBLE: PODEDES REALIZAR CARREIRAS CON EL, CAMBIAR A DISTRIBUCIÓN DAS PLANTILLAS PARA FACER PERCORRIDOS DIFERENTES, REALIZAR O CIRCUÍTO A RITMO DA VOSA CANCIÓN FAVORITA...

AH! E TAMÉN PODEDES COMPLICALO CON MÁIS TRAMOS Á PATA COXA (COLOCANDO NO CHAN SÓ A PLANTILLA DUN PÉ VARIAS VECES), E COLOCAR MÁIS ZONAS ONDE NON SE PODE PISAR (COLOCANDO MÁIS CÍRCULOS NO CHAN).

AGORA... TODOS A SALTAR :)