BO DÍA A TOD@S!
COMO CADA LUNS, COMEZAMOS A SEMANA CON MOITAS GANAS DE TRAERVOS NOVOS XOGOS
COS QUE FACER UN POUQUIÑO DE EXERCICIO NA CASA. E VOS? TAMÉN TEDES GANAS DE
XOGAR?
HOXE É UN DÍA ESPECIAL: IMOS DE COÑECER UNHA GRANXA MOI, MOI ORIXINAL. NELA
VIVEN UNS ANIMAIS MOI DIVERTIDOS AOS QUE LLES GUSTA MOITO O DEPORTE, E SON TAN
PROFESIONAIS, QUE QUEREN ANIMARVOS A FACER UNHA SERIE DE EXERCICIOS CON ELES.
APUNTÁDESVOS A FACELOS TODOS EN FAMILIA?
COMEZAMOS!
Di o PORQUIÑO
Dante
que corras cara
adiante.
Di o PATO Marcos
que aplaudas cos
zapatos.
Di a señora
OVELLA
que rasques unha
orella.
Di o GATO Nicolás
que camiñes
marcha atrás.
Di o COELLO Adrián
que te arrastres
polo chan.
Di o GALO Renato
que grites moi
alto.
Di o CABALO Fernando
que te movas
bailando.
Di a VACA Salomé
que saltes só cun
pé.
Di a GALIÑA Xulieta
que rodes como
unha croqueta.
Di o BURRO
elegante
que te estires
como un xigante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.