HOXE, PARA CELEBRAR A CHEGADA DO BO TEMPO, ANIMÁMOSVOS A BAILAR ESTA
DIVERTIDA CANCIÓN. COMO BEN PODEDES VER NO VÍDEO, O ESCARAVELLO PROTAGONISTA É
TODO UN PROFESIONAL TOCANDO AS MARACAS, POR ISO VOS PROPOÑEMOS CREAR UNHAS NA
CASA, DE XEITO QUE CON ELAS PODEREDES IMITAR AO NOSO AMIGO ESCARAVELLO.
PARA CONSTRUÍR AS VOSAS PROPIAS MARACAS TODO VALE! DÚAS BOTELLAS DE PLÁSTICO
PEQUENAS (DE AUGA OU DE IOGUR BEBIBLE), DOUS ENVASES DE IOGUR, OU MESMO DOUS ENVASES
DE MANTEIGA! DENTRO INTRODUCIMOS ARROZ, LENTELLAS OU GARAVANZOS E... XA SÓ
QUEDA PECHALAS E DECORALAS PARA FACELAS MÁIS ORIXINAIS ;)
AGORA XA PODEMOS ACOMPAÑAR AO ESCARAVELLO BAILANDO E MOVENDO AS MARACAS
SEGUINDO AS NOCIÓNS ESPACIAIS QUE INDICA A CANCIÓN: ARRIBA, ABAIXO, A UN LADO E
A OUTRO!
HOXE QUEREMOS EXPLORAR AS POSIBILIDADES EXPRESIVAS DO NOSO CORPO, E PARA ISO PROPOÑÉMOSVOS CONVERTIRVOS EN MIMOS POR UN DÍA. PERO ANTES DE NADA...
SABEDES QUE É UN MIMO?
UN MIMO É UN ARTISTA QUE SE EXPRESA EMPREGANDO UNICAMENTE XESTOS E MOVEMENTOS DO SEU CORPO. É DICIR, EN LUGAR DE FALAR, COMUNÍCASE MOVENDO AS MANS, OS OLLOS, A BOCA... TODO O CORPO!
NORMALMENTE OS MIMOS LEVAN A CARA PINTADA DE BRANCO, E VISTEN CAMISETA A RAIAS, GUANTES BRANCOS E PANTALÓN ESCURO. ASÍ PODEMOS RECOÑECELOS FACILMENTE :)
AQUÍ TEDES UN PEQUENO VÍDEO QUE VOS SERVIRÁ PARA COÑECER UN POUQUIÑO COMO ACTÚAN OS MIMOS:
POIS BEN, HOXE ANIMÁMOSVOS A CONVERTIRVOS EN MIMOS E XOGAR COA EXPRESIVIDADE DO VOSO CORPO. ASÍ, POR EXEMPLO, PODEDES REPRESENTAR DIFERENTES ESCENAS COMO:
- ESPERTAR POLA MAÑÁ.
- LAVAR OS DENTES.
- COLLER FLORES NO CAMPO.
- ENFADARSE CON ALGUÉN.
- SAÍR A PASEAR CO CAN.
- CONDUCIR UN COCHE.
- LER UN LIBRO.
- ... E TODO AQUILO QUE VOS APETEZA IMITAR COS VOSOS MOVEMENTOS. ISO SI, NON VALE FALAR :)
HOXE VOLVEMOS CUNHA LISTA DE XOGOS VARIADOS. NESTE CASO, O MATERIAL
NECESARIO PARA TODOS ELES SON FOLLAS DE XORNAIS, POLO QUE VOS ANIMAMOS A BUSCAR
POLA CASA ALGÚN XORNAL VELLO QUE XA NON UTILICEDES. CON EL PODEREDES PASAR UNHA
TARDE CHEA DE XOGOS :)
POIS IMOS APROVEITALO PARA LEMBRAR UNHA DAS CANCIÓNS QUE ACOSTUMABAMOS
BAILAR NO XIMNASIO PARA QUECER OS NOSOS MÚSCULOS AO INICIO DAS NOSAS SESIÓNS. SEGURO
QUE VOS FAI ILUSIÓN VOLVER ESCOITALA E MOVERVOS AO RITMO DOS SEUS PROTAGONISTAS
;)
E LEMBRADE!
- CO COCODRILO DANTE ABRIMOS E PECHAMOS OS NOSOS BRAZOS IMITANDO A BOCA DESTE ANIMAL.
- CO ELEFANTE BLAS MOVEMOS UN BRAZO DE ARRIBA A ABAIXO, IMITANDO A SÚA TROMPA.
- CO POLIÑO LALO DESPRAZÁMONOS CARA UN LADO MOVENDO OS NOSOS BRAZOS COMO SE FOSEN AS NOSAS ÁS.
COMO XA FIXEMOS NOUTRA OCASIÓN, ESTA SEMANA IMOS DEDICAR A NOSA PUBLICACIÓN
DO VENRES AO IOGA :)
ESTA VEZ, O QUE VOS PROPOÑEMOS SON UNHA SERIE DE POSTURAS SINXELAS QUE
PODEDES PRACTICAR XUNTOS NA CASA. O IDEAL É REALIZALAS NUN MOMENTO DE SILENCIO,
DESCALZOS SOBRE UNHA ALFOMBRA (OU ESTERILLA) E AGUANTAR CADA POSICIÓN
UNS 8 SEGUNDOS.
QUE TAL SE CONTADES EN VOZ BAIXA XUNTOS ATA O 8 AGUANTANDO CADA POSICIÓN? ASÍ TAMÉN ESTAREMOS REPASANDO A SERIE NUMÉRICA!
E REMATAMOS CUNHA PREGUNTIÑA: CAL É A VOSA POSTURA FAVORITA?
HOXE IMOS INVESTIGAR UN POUQUIÑO
SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS.
OS XOGOS OLÍMPICOS É UN EVENTO
DEPORTIVO QUE SE CELEBRA CADA CATRO ANOS NUN PAÍS DIFERENTE, E NEL PARTICIPAN
MOZOS E MOZAS DEPORTISTAS CHEGADOS DE TODAS AS PARTES DO MUNDO.
PARA PARTICIPAR NOS XOGOS OLÍMPICOS
HAI QUE SER MOI BOS DEPORTISTAS, POR ISO TODOS OS PARTICIPANTES ENTRÉNANSE
TODOS OS DÍAS NOS SEUS DEPORTES FAVORITOS. NESTE VÍDEO PODEMOS VER ALGÚNS DOS
DEPORTES AOS QUE XOGAN:
- Que deportes vedes no vídeo?
- Que materiais empregan os deportistas?
OS XOGOS OLÍMPICOS CELEBRÁRONSE POR
PRIMEIRA VEZ NA CIDADE DE OLIMPIA (EN GRECIA) MOITOS ANOS ATRÁS, CANDO AÍNDA
NON EXISTÍAN A TELEVISIÓN NIN OS COCHES. ESTE ANO 2020 OS XOGOS OLÍMPICOS ÍAN
CELEBRARSE EN XAPÓN, UN PAÍS SITUADO NUNHA ILLA MOI LONXE DE AQUÍ. PERO, DO
MESMO XEITO QUE NÓS NON PODEMOS IR AO COLE PARA PROTEXERNOS DO CORONAVIRUS, OS
DEPORTISTAS TAMPOUCO PODERÁN IR COMPETIR A XAPÓN E TERÁN QUE ESPERAR ATA O
PRÓXIMO ANO PARA PODER IR SEN MEDO AO CORONAVIRUS.
MIRADE, IMOS BUSCAR NO MAPA ESTES
PAÍSES PARA SITUARNOS MELLOR:
- Que país está máis lonxe de Bueu: Grecia ou Xapón?
- Como poderiamos chegar a Grecia dende Bueu?
- E como poderiamos chegar a Xapón? Tede en conta que é unha illa e non
poderíamos ir ata alí todo por carretera.
OUTRA CURIOSIDADE SOBRE OS XOGOS
OLÍMPICOS É O SEU SÍMBOLO: OS ANEIS OLÍMPICOS. TODAS AS MEDALLAS QUE SE
ENTREGAN AOS DEPORTISTAS NESTES XOGOS TEÑEN ESTE SÍMBOLO.
- Cantos aros hai?
- Que forma teñen?
- De que cores son?
- Son todos do mesmo tamaño?
ANIMÁDESVOS A FACER A VOSA PROPIA
MEDALLA OLÍMPICA? PODEDES CREALA CON MATERIAIS QUE TEÑADES POLA CASA, SEN ESQUECER
POÑERLLE OS AROS OLÍMPICOS QUE ACABAMOS DE COÑECER. E É QUE... BEN VOS
MERECEDES UNHA GRAN MEDALLA POLO VALENTES QUE SODES QUEDANDO ESTES DÍAS NA CASA
:)
HOXE ESPERTAMOS CHEOS DE ENERXÍA E CON MOITAS GANAS DE FACER EXERCICIO NA
CASA. POR ISO QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS A CANCIÓN DOS DESPRAZAMENTOS, COA QUE
PODEREDES SALTAR, CORRER E MESMO “NADAR” EN FAMILIA. ESPERAMOS QUE PASEDES UN
BO RATO CON ELA, E MESMO VOS ANIMAMOS A QUE A CANTEDES EN RODA COS DEMAIS,
COLLÉNDOVOS DAS MANS AO MESMO TEMPO QUE SEGUIDES AS ACCIÓNS QUE TOCA REALIZAR
EN CADA PARTE DA CANCIÓN.
HOXE TRAEMOS UN XOGO PERFECTO PARA XOGAR EN PARELLA (CON MAMÁ / PAPÁ / UN IRMÁN
MAIOR...) E CON EL TRABALLAREMOS A ATENCIÓN E A ORIENTACIÓN ESPACIAL. ADEMAIS,
O MELLOR DE TODO É QUE SEGURAMENTE TODOS TEDES NA CASA OS MATERIAIS QUE
NECESITAMOS PARA XOGAR.
COMO CADA LUNS, COMEZAMOS A SEMANA CON MOITAS GANAS DE TRAERVOS NOVOS XOGOS
COS QUE FACER UN POUQUIÑO DE EXERCICIO NA CASA. E VOS? TAMÉN TEDES GANAS DE
XOGAR?
HOXE É UN DÍA ESPECIAL: IMOS DE COÑECER UNHA GRANXA MOI, MOI ORIXINAL. NELA
VIVEN UNS ANIMAIS MOI DIVERTIDOS AOS QUE LLES GUSTA MOITO O DEPORTE, E SON TAN
PROFESIONAIS, QUE QUEREN ANIMARVOS A FACER UNHA SERIE DE EXERCICIOS CON ELES.
APUNTÁDESVOS A FACELOS TODOS EN FAMILIA?
HOXE PREPARAMOS UN XOGO MOI ESPECIAL COAS CANCIÓNS QUE PUBLICAMOS DURANTE
ESTAS SEMANAS NO BLOG: O XOGO DA OCA BAILONA!
PARA XOGAR PRECISAREDES UN DADO E UNHA FICHA, ADEMAIS DESTE TABOLEIRO QUE
PODEDES IMPRIMIR OU SIMPLEMENTE AMPLIAR NA PANTALLA DO VOSO ORDENADOR OU
TABLET:
SEGURAMENTE OS MAIORES DA CASA IMAXINAN COMO SE XOGA: É COMO O XOGO DA
OCA, PERO MÁIS SINXELO E CON MENOS CASILLAS. CADA UNHA DESAS CASILLAS ESTÁ
NUMERADA E TEN UNHA CANCIÓN ASOCIADA, POLO QUE SÓ TEMOS QUE BUSCAR NA LISTA O
NÚMERO DA CASILLA NA QUE CAEU A NOSA FICHA E COMPROBAR QUE CANCIÓN NOS TOCA
BAILAR:
# 2 - EL JUEGO CHIRIMBOLO, de Spanish Kids Songs
# 3 - CABEZA HOMBROS RODILLAS PIES, de Super Simple Español
# 5 - PAJARITOS EN MI VENTANA, de Agua de sol
# 6 - EL TWIST DEL CUERPO, de La pandilla de Drilo
# 8 - A RAM SAM SAM, de Video Kids TV
# 9 - LA FORMA DE CAMINAR, de El Reino Infantil
# 11 - DRILO EL COCODRILO, de La pandilla de Drilo
# 12 - LAS PARTES DEL CUERPO, de Rockalingua
# 14 - FUN AO MERCADO, de María Fumaça
# 16 - PICA PIEDRA, de Pim Pau
# 18 - UN PEQUEÑO DEDO, de Super Simple Español
# 20 - EL MARINERO BAILA, de El Reino Infantil
ASÍ, POR EXEMPLO, SE UN XOGADOR CAE NA CASILLA 6, TOCARALLE BAILAR A
CANCIÓN #6 DA LISTA: EL TWIST DEL CUERPO :)
AH! LEMBRADE, CANDO CAEMOS NUNHA OCA...
ESPERAMOS QUE PASEDES UN BO RATO XOGANDO COA OCA BAILONA. UN SAÚDO!
HOXE PRESENTÁMOSVOS O A RAM SAM SAM, UNHA CANCIÓN COÑECIDA E BAILADA EN TODO O MUNDO!
CONTAN QUE ESTE XOGO MUSICAL É ORIXINARIO DE MARROCOS, AÍNDA QUE AO PARECER A CANCIÓN NON TEN UNHA TRADUCIÓN EXACTA AO NOSO IDIOMA. ISO SI, CON ESTE VÍDEO SEGURO QUE VOS ANIMADES A APRENDELA E A ACOMPAÑALA CO SEU DIVERTIDO BAILE:
POR CERTO! IMOS APROVEITAR O MOMENTO PARA SITUAR MARROCOS NO MAPA, ASÍ SABEREMOS DE ONDE PROCEDE ESTA CANCIÓN. FIXÁDEVOS BEN:
COMO PODEDES COMPROBAR NA FOTO, MARROCOS ESTÁ EN ÁFRICA. ALÍ CHOVE MOI POUCAS VECES, E O IDIOMA MÁIS FALADO NESE PAÍS É O ÁRABE. MIRADE COMO ESCRIBEN AMIGO EN ÁRABE:
VEDES? AS SÚAS LETRAS SON DIFERENTES ÁS QUE UTILIZAMOS NÓS PARA ESCRIBIR. E É QUE NO MUNDO EXISTEN MOITAS LINGUAS E FORMAS DE ESCRIBIR DIFERENTES :)
HOXE COMEZAMOS UNHA SEMANA MÁIS NA CASA, E PARA FACELA UN POUQUIÑO MÁIS DIVERTIDA, TEMOS PREPARADA UNHA PEQUENA LISTA DE XOGOS MOI SINXELOS E ENTRETIDOS. O ÚNICO QUE PRECISAMOS PARA XOGAR É... UNHA LANTERNA! (VALE PERFECTAMENTE A LANTERNA DO MÓBIL), ADEMAIS DE APAGAR A LUZ E BAIXAR AS PERSIANAS PARA XOGAR CASE, CASE NA ESCURIDADE.
AQUÍ TEDES AS NOSAS PROPOSTAS, FAMILIAS :)
AH! TAMÉN PODEMOS ENGADIR A ESTA LISTA DE XOGOS AS SOMBRAS CHINESAS ÁS QUE XA FIXEMOS REFERENCIA AQUÍ. NESTE CASO, EN LUGAR DE TÍTERES, PODEREDES EMPREGAR AS VOSAS PROPIAS MANS E CREAR DIVERTIDAS FIGURAS CON ELAS :)