BOAS AMIG@S!
HOXE TRAÉMOSVOS ALGO MOI ESPECIAL. FIXÁDEVOS NAS SEGUINTES IMAXES:
AMBAS IMAXES SON OBRAS DE CARL WARNER, UN ARTISTA EXPERTO EN CREAR PAIXASES TAN FERMOSAS COMA ESTAS EMPREGANDO ÚNICAMENTE ALIMENTOS.
COMO XA SABEDES, FACER EXERCICIO É MOI IMPORTANTE PARA MEDRAR FORTES E SANS. PERO ISO... NON É SUFICIENTE! TAMÉN TEMOS QUE COIDAR A NOSA ALIMENTACIÓN TOMANDO MOITAS FROITAS E VERDURAS, XA QUE ESTÁN CHEAS DE VITAMINAS QUE NOS FAN SENTIR MÁIS ACTIVOS E CHEOS DE ENERXÍA.
OLLADE BEN AS IMAXES ANTERIORES. QUE FROITAS E VERDURAS ATOPADES NELAS? MIRADE BEN ATENTOS PORQUE HAI UNHA CHEA :)
POIS BEN, XA QUE ESTAMOS A FALAR DA IMPORTANCIA DE TOMAR FROITAS E VERDURAS PARA MEDRAR MOI FORTES, PROPOÑÉMOSVOS TAMÉN UNHA ACTIVIDADE MOI RICA E CHEA DE IMAXINACIÓN: CREAR A VOSA PROPIA OBRA DE ARTE CON FROITAS E VERDURAS!
É MOI IMPORTANTE QUE ANTES DE NADA LAVEDES BEN AS MANS CON AUGA E XABÓN, ADEMAIS DE LAVAR BEN AS FROITAS COA AXUDA DUN MAIOR. ENTÓN É CANDO PODEREDES COMEZAR!
QUE VOS APETECE CREAR?
UN COCHE?
UN LEÓN?
OU QUIZAIS UN PALLASO COMA ESTE?
POR CERTO! CANDO XA TEÑADES A VOSA OBRA, TOCA COMELA! UNHA RICA MERENDA FAMILIAR CHEA DE VITAMINAS!
LEMBRADE QUE CON ESTAS FROITAS QUE EMPREGAMOS TAMÉN PODEMOS ELABORAR UNHA SABOROSA MACEDONIA, UNHAS COLORIDAS BROCHETAS DE FROITAS OU UN DELICIOSO ZUME CASEIRO. BO PROVEITO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.