martes, 31 de marzo de 2020

ARTE... MOI SAUDABLE!

BOAS AMIG@S!
HOXE TRAÉMOSVOS ALGO MOI ESPECIAL. FIXÁDEVOS NAS SEGUINTES IMAXES:



QUE PASADA, VERDADE?
AMBAS IMAXES SON OBRAS DE CARL WARNER, UN ARTISTA EXPERTO EN CREAR PAIXASES TAN FERMOSAS COMA ESTAS EMPREGANDO ÚNICAMENTE ALIMENTOS.

COMO XA SABEDES, FACER EXERCICIO É MOI IMPORTANTE PARA MEDRAR FORTES E SANS. PERO ISO... NON É SUFICIENTE! TAMÉN TEMOS QUE COIDAR A NOSA ALIMENTACIÓN TOMANDO MOITAS FROITAS E VERDURAS, XA QUE ESTÁN CHEAS DE VITAMINAS QUE NOS FAN SENTIR MÁIS ACTIVOS E CHEOS DE ENERXÍA.

OLLADE BEN AS IMAXES ANTERIORES. QUE FROITAS E VERDURAS ATOPADES NELAS? MIRADE BEN ATENTOS PORQUE HAI UNHA CHEA :)



POIS BEN, XA QUE ESTAMOS A FALAR DA IMPORTANCIA DE TOMAR FROITAS E VERDURAS PARA MEDRAR MOI FORTES, PROPOÑÉMOSVOS TAMÉN UNHA ACTIVIDADE MOI RICA E CHEA DE IMAXINACIÓN: CREAR A VOSA PROPIA OBRA DE ARTE CON FROITAS E VERDURAS!

É MOI IMPORTANTE QUE ANTES DE NADA LAVEDES BEN AS MANS CON AUGA E XABÓN, ADEMAIS DE LAVAR BEN AS FROITAS COA AXUDA DUN MAIOR. ENTÓN É CANDO PODEREDES COMEZAR!

QUE VOS APETECE CREAR? 
UN COCHE?
UN LEÓN?
OU QUIZAIS UN PALLASO COMA ESTE?


POR CERTO! CANDO XA TEÑADES A VOSA OBRA, TOCA COMELA! UNHA RICA MERENDA FAMILIAR CHEA DE VITAMINAS!

LEMBRADE QUE CON ESTAS FROITAS QUE EMPREGAMOS TAMÉN PODEMOS ELABORAR UNHA SABOROSA MACEDONIA, UNHAS COLORIDAS BROCHETAS DE FROITAS OU UN DELICIOSO ZUME CASEIRO. BO PROVEITO! 

venres, 27 de marzo de 2020

xoves, 26 de marzo de 2020

ADIVIÑA, ADIVIÑA

SEREDES CAPACES DE RESOLVER ESTAS ADIVIÑAS SOBRE O NOSO CORPO?

PISTA: DEBAIXO DAS ADIVIÑAS ATOPAREDES UNHA IMAXE COAS SOLUCIÓNS. ASÍ SÓ TEREDES QUE RELACIONAR CADA DEBUXO COA ADIVIÑA CORRESPONDENTE.

Somos irmáns xemelgos
e movémonos á vez.
Se un se infla, o outro ségueo
e se se desinfla, tamén.

Aínda que non é un reloxo
tamén fai tic tac, tic tac.
E aínda que non ten pilas
funciona sen parar.

Son duros como as pedras
e rica comida para os cans.
Sen eles non poderíamos
saltar nin camiñar.




mércores, 25 de marzo de 2020

PREPARADOS PARA BAILAR TWIST?

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN TWIST PERFECTO PARA BAILAR EN FAMILIA NO SALÓN DA CASA. É MOI DIVERTIDO!


TAMÉN PODEDES FACER UN VÍDEO BAILANDO EN FAMILIA PARA TRAELO Á CLASE CANDO VOLVAMOS AO COLE :)

CANTOS ÓSOS!

HORA DE EXPLORAR! IMOS TOCAR OS DEDOS DAS NOSAS MANS. NOTADES QUE HAI ALGO DURO DEBAIXO DA PEL? QUE SERÁ?

AGORA TOCAMOS AS NOSAS PERNAS, POR DEBAIXO DOS XEONLLOS. NOTADES QUE TAMÉN HAI ALGO DURO AÍ DENTRO?

TODAS ESAS COUSIÑAS DURAS SON... OS NOSOS ÓSOS! E, COMO PODEDES COMPROBRAR, ESTÁN POR TODO O NOSO CORPO!


OS NOSOS ÓSOS ESTÁN BEN ESCONDIDIÑOS BAIXO A NOSA PEL E MÚSCULOS, POR ISO NON PODEMOS VELOS. PERO, ÁS VECES, CANDO ROMPEMOS UN ÓSO OU NOS DOE ALGO, OS MÉDICOS ACONSÉLLANNOS FACER UNHA RADIOGRAFÍA, QUE É COMO UNHA FOTO DOS NOSOS ÓSOS EN BRANCO E NEGRO. SE TEDES ALGUNHA NA CASA, PODEDES OBSERVALA E PROXECTALA NA PAREDE COA AXUDA DUNHA LÁMPADA PARA EXPLORALA.


AQUÍ VOS DEIXAMOS UN ESQUELETO PARA QUE POIDADES IMPRIMIR, RECORTAR E MONTAR EN FAMILIA. TAMÉN VOS DEIXAMOS OUTRA IDEA PARA FACER OS VOSOS PROPIOS ESQUELETOS DUNHA FORMA MÁIS DIVERTIDA E ORIXINAL :)


POR CERTO! ANTES DE REMATAR QUEREMOS CONTARVOS UN GRAN SEGREDO: TODOS NÓS TEMOS UNS ÓSOS QUE SI QUE PODEMOS VER SEN NECESIDADE DE REDIOGRAFÍAS. ESTÁN DENTRO DA NOSA BOCA E ENSINÁMOLOS CADA VEZ QUE SORRIMOS. ADIVIÑADES CALES SON?

(OS DENTES)


martes, 24 de marzo de 2020

DESCUBRIMOS COMO É O NOSO CORPO POR DENTRO

CANDO FACEMOS EXERCICIO NO XIMNASIO TAMÉN INTENTAMOS REFLEXIONAR SOBRE COMO É O INTERIOR DO NOSO CORPO. POR EXEMPLO, XA DESCUBRIMOS QUE:
  •  TEMOS DOUS ÓRGANOS QUE SE ENCHEN DE AIRE CANDO COLLEMOS AIRE POLO NARIZ E PÉRDENO CANDO O BOTAMOS FÓRA.
  • TAMÉN TEMOS OUTRO ÓRGANO QUE LATEXA SEN PARAR PARA QUE O SANGUE CHEGUE A TODAS AS PARTES DO NOSO CORPO A TRAVÉS DAS VEAS.
LEMBRADES O NOME DESTES ÓRGANOS?


SODES CAPACES DE SINALAR MA IMAXE ONDE TEMOS O CORAZÓN E OS PULMÓNS?


PODEDES IMPRIMIR ESTA IMAXE E DEBUXAR COMO IMAXINADES O NOSO CORPO POR DENTRO. 

luns, 23 de marzo de 2020

A MOVER O ESQUELETO!

QUE VOS PARECE SE LLE ENSINAMOS OS NOSOS BAILES FAVORITOS A MAMÁ, PAPÁ E TODOS AQUELES QUE ESTÁN A PASAR CON NÓS ESTES DÍAS?

NO XIMNASIO ADOITAMOS UTILIZAR VARIAS CANCIÓNS NO MOMENTO DE ENTRADA PARA QUECER OS NOSOS MÚSCULOS. AGORA É O MOMENTO PERFECTO PARA QUE TAMÉN AS FAMILIAS POIDAN APRENDELAS E PASAR DIVERTIDOS MOMENTOS NA CASA. ACEPTADES O RETO?

COMEZAMOS COA NOSA CANCIÓN SOBRE AS PARTES DO CORPO. SEREDES CAPACES DE TOCAR AS PARTES QUE DI A CANCIÓN SEN PERDERVOS?



BENVIDOS AO NOSO BLOG :)

BENVIDOS A ESTE NOVO BLOG NO QUE TRATAREMOS DE PUBLICAR CONTIDOS QUE NOS ANIMEN A PRACTICAR UN POUCO DE EXERCICIO NAS NOSAS CASAS DURANTE ESTES DÍAS NOS QUE NON PODEMOS IR AO COLE.

VÉMONOS MOI PRONTO!